Saltar al contenido

Refuxiados

Refuxiados. Animais liberados de granxas, matadeiros e outros centros de opresión. Tras los Muros.

en contar aos peixes, que se contabilizan por toneladas, cincuenta e seis mil millóns de animais son forzados cada ano á produción de carne, leite e ovos. Vacas, porcos, galiñas, pavos, burros, cabalos, coellos e outros animais son condenados a unha vida programada de violencia e sometemento.

En oposición a esta inxustiza, un pequeno (pero moi comprometido) grupo de seres humanos loita esixindo a súa fin estendendo unha mensaxe de liberación. Os santuarios emerxen no medio deste escenario de confrontación, concienciación e axitación política e social coma lugares de refuxio para os animais vítimas da industria gandeira, ofrecéndolles unha vida libre de toda opresión.

No santuario Wings of Heart, Edu e Laura, co apoio dun grupo de colaboradores habituais, dan refuxio a máis de trescentos animais vítimas da industria gandeira. Cada un deles sufríu o duro réxime da explotación gandeira e arrastra unha historia de abuso, de abandono e de brutalidade. Aquí son liberados, protéxeselles e devólveselles a vida que lles fora roubada.

As imaxes que encontrarás neste libro son un pequeno reflexo do que ocorre nestes lugares cada día.

Medidas: 20×20 cm

Páginas: 56

P.V.P: Versión dixital de balde

Descargar:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies no intrusivas para que tengas la mejor experiencia. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies